9 de novembro de 2010

As escolas de ferrado

Desde o século XVIII até o comezo da década de 1970, nalgunhas zonas do rural galego existía un sistema de ensino ao marxe nas escolas estatais ou eclesiásticas que se coñecía co nome de escolas de ferrado pois a paga que recibía a persoa que aprendia aos nenos era un ferrado de cereal.
A persoa encargada de lles aprender a ler, escribir a as catro operacións básicas matemáticas, non era un mestre senón outro labrego ou un mariñeiro que sabía ler e recibía o nome de escolante.

Os nenos aprendían na casa do escolante, ou na casa doutro veciño e só funcionaban no inverno, cuando o traballo no campo diminuía.


 


Grazas ás escolas de ferrado aprendeu a ler e escreber unha boa parte da poboación rural galega.
******************
Mais información:
- "Escolantes e escolas de ferrado", Narciso de Gabriel. Editorial Xerais
- "A cultura escolar popular e Gas escolas de ferrado" de Narciso de Gabriel.

******************

~~ Vía Agarimar ~~